lunes, 14 de abril de 2008

I Semana de Poesía Salvaxe (en Ferrol)

de llorar el no poder acudir a esta semana poetica en ferrol, sinceramente.
el pataleo va a ser constante y ojala salga les salga todo al pie de la letra... esa que dominan tan genialmente bien.




16, 17, 18 e 19 de Abril
A PALABRA ENCARNADA
Catro días de ‘versos salvaxes’
En FERROL (
Galicia, España)








Mércores, 16 de abril
18.30. O Quiosco do Cantón acolle as verbas dos poetas Guillerme Fernández e Carlos González “Karlotty”.
23.00. María Lado, xunto coa poeta Lucía Aldao, presenta Onde estea un cubata que se quite un soneto. A posta en escena de ambas as dúas poetas terá lugar no pub Cazadores.
Xoves, 17 de abril
12.30. A rúa Real e a praza de Amboage acollen ao poeta leonés Víctor M. Díez.
21.00. No Centro Cultural Torrente Ballester escoitaranse os recitais de David González e Camilo Franco, acompañado da guitarra de Magín Blanco.
Venres, 18 de abril
12.30. O Leo actúa no mercado da praza de España.
21.00. Na Biblioteca Municipal Central, Carlos Oroza e Carlos Vilas presentan o seu novo espectáculo poético Donde la noche da la mano al día.
Sábado, 19 de abril,
12.30. No mercado da Magdalena é a quenda de Estevo Creus.
19.00. Palabra, música e videocreación mestúranse na jam session poética conducida por Manolo Cortés. Os cineastas Rubén Coca e Pablo Portero deixarán a pegada do espectáculo nas súas cámaras.
Podes consultar (click:) os curriculos dos poetas.

Carta de MARCOS LORENZO, asesor cultural do Concello de Ferrol:
Preséntovos agora un dos acontecementos culturais do ano en Ferrol. Unha semana de Poesía Salvaxe que pretende converterse nunha cita anual obrigada cun outro xeito de concibir a poesía, fóra de acartonamentos académicos. Esta primeira edición leva por título "A Palabra Encarnada", e xuntará en catro días (16, 17, 18 e 19 de abril) a dez poetas que recitarán nas rúas megáfono en man, rematando coa celebración dunha jam session poética conducida por Manolo Cortés na Capela do Torrente.O prato forte é, sen dúbida, a presentación en rigorosa exclusiva dun novo espectáculo poético de Carlos Oroza intitulado: "Donde la noche da la mano al día".Ademais, a Semana será gravada por dous cineastas locais (Rubén Coca e Pablo Portero), do que resultará unha "mirada de autor" de arredor de 15 minutos que será debidamente distribuída e presentada en certames audiovisuais.Quixera solicitarvos unha cobertura e un cariño especial para con este evento, apoiándonos na súa difusión. Intentamos traer un sopro de frescura a Ferrol, deseñando programacións imaxinativas que axuden a espolear o ton cultural da cidade e a proxectar aos/ás nosos/as creadores/as no exterior.Recibide bicos. Marcos Lorenzo

-->

2 comentarios:

Hijos de Satanás dijo...

Hola, Dioni, te dimos las gracias hace unos días en este post:
http://hankover.blogspot.com/2008/04/resaca-en-el-boletn-de-novedades.html
Y gracias de nuevo.

kebrantaversos dijo...

JODER DIONI, SEGURO QUE LO FLIPASTE, A MI AYER CON LETICIA LO VIVI MUYY BIEN, PERO ME DA RABIA NO PODER ASISTIR A TODOS LOS SITIOS
ES POR EL CURRO
UN ABRAZO
EL KEBRAN